Historia e presente do club.

Foto dos membros da directiva do SP. Estrada (coa ausencia da vicepresidenta).

O C.D. Sport Team Estrada é un club fundado recentemente no ano 2021, que nace dun grupo de amigos estradenses ligados ó mundo do fútbol polo xa inexistente Sporting Estrada.

Este novo proxecto busca unir de novo as amizades que deixou o antigo conxunto verde e amarelo, únicamente a nivel sénior, brindándolle a oportunidade de volver a compartir vestiario. Un proxecto que tamén mira a futuro, sendo unha oportunidade para todos aqueles futbolistas do pobo.

Un club claramente con guiños ó que foi no seu día o Sporting Estrada, compartindo as cores da súa equipación, o campo ou un escudo similar, pero sen entrar en conflicto cos intereses do fútbol estradense, tendo clara a importancia e a prioridade da EEFB e do Club Deportivo Estradense.

Dende o SP. Estrada temos clara a liña de traballo a seguir na presente e futuras tempadas: esforzo, humildade, traballo en equipo, xogo limpo e respecto. Non temos dúbida de que con estas premisas os éxitos deportivos chegarán da man de un ambiente amigable e familiar entre xogadores, corpo técnico, directiva e aficionados.

O club do pobo, con xente do pobo, do que queremos que todos sexades partícipes. Únete á familia do SP. Estrada facéndote socio. Agardámoste no campo municipal Manuel Regueiro para disfrutar todos do fútbol!