Política de privacidade

Benvido á páxina web do SP. Estrada! A nosa prioridade é respectar a túa privacidade e protexer a información que recompilamos durante a túa visita á mesma, xa sexa mentres navegas pola web ou pola tenda. Nesta política de privacidade, explicaremos que datos recompilamos, cómo os empregamos e compartimos, e os teus dereitos respecto á túa información.

Recompilación de Información

Ao visitar a web, poderemos recompilar información de varias formas:

  1. Información que nos proporcionas directamente como o teu nome, dirección de correo electrónico, número de teléfono ou calquera outra información que decidas compartir durante o proceso de compra ou ao poñerte en contacto connosco.
  2. Datos de pagamento ó facer unha compra na nosa tenda, recompilando a información necesaria para procesalo. Pode incluír información de tarxeta de crédito ou datos a través de terceiros (por exemplo, PayPal).
  3. Datos de acceso e uso sobre a túa interacción coa nosa web, incluíndo o teu enderezo IP, tipo de dispositivo, navegador utilizado, páxinas visitadas, horarios de acceso e outras informacións de uso que nos axudan a mellorar a túa experiencia de usuario.

Uso da Información

A información recompilada será utilizada co fin de:

  • Responder ás túas consultas, comentarios ou solicitudes.
  • Procesar as túas compras.
  • Mellorar o deseño e as funcionalidades da web.
  • Cumprir coas obrigacións legais aplicables.

Compartición de Información

Non compartiremos a túa información persoal con terceiros sen o teu consentimento, agás en casos onde sexa necesario para cumprir coas leis e regulacións aplicables ou para procesar pagamentos a través de provedores de servizos de pagamento.

Cookies e Tecnoloxías de Rastrexo

Utilizamos cookies e outras tecnoloxías de rastrexo para mellorar a túa experiencia na nosa web e ofrecer contido personalizado. Podes configurar o teu navegador para rexeitar todas as cookies ou para recibir unha notificación cando se envíen. Se desactivas as cookies, é posible que algunhas funcións non funcionen correctamente.

Enlaces a Outras Páxinas Web

A nosa web pode conter enlaces a outras páxinas web que non están baixo o noso control. Non somos responsables pola privacidade ou contido destas páxinas e recomendámosche revisar as súas políticas de privacidade antes de proporcionar información persoal.

Dereitos do Usuario

Como usuario, tes dereito a acceder, rectificar, eliminar ou limitar o uso da túa información persoal que temos almacenada. Tamén podes exercer o teu dereito á portabilidade dos teus datos. Para facer uso destes dereitos ou para calquera consulta sobre a nosa política de privacidade, por favor, ponte en contacto connosco a través do seguinte enderezo de correo electrónico: info@spestrada.com

Modificacións á Política de Privacidade

Reservámonos o dereito de modificar esta política de privacidade en calquera momento. Calquera cambio substancial será notificado na nosa tenda en liña. Recomendámosche revisar esta páxina regularmente para manterche informado sobre as nosas prácticas de privacidade.

Data da última actualización: 07 de agosto de 2023.