Recollida de alimentos – Donacións A Estrada

Con motivo da proximidade do nadal, un ano máis, quixemos solidarizarnos cos máis necesitados e colaborar coa asociación local «Donacións A Estrada»!

Desta forma, durante o partido contra o S.D. Compostela – Zona Vella «B», establecimos no campo de fútbol Manuel Regueiro un punto de recollida de alimentos non perecedoiros.

Dar as grazas a todos os que baixastes algún alimento ó campo, entre todos conseguimos unha gran recaudación!